30 abril 2018

Vitoria onte na Porta Santa


O partido de onte non empezaba da mellor maneira posible e nos primeiros minutos do encontro o  conxunto visitante no minuto 5 collía ventaxa nun penalti moi protestado e dudoso e tocaba empezar ó encontro con desventaxa no marcador, no minuto 14 chegaría unha gran oportunidade de poñer o empate pero Aythami non acertaba no remate despois de unha boa xogada de Bilal, e o defensa visitante chegaba a o cruce e o balón íase a saque de esquina. Co control no xogo e con aproximación na área rival o empate chegaba despois de un saque de esquina e o colexiado sinalaba penalti a favor que Iván Amor transformaba e poñía o 1-1 co empate o partido chegaba a ós últimos minutos donde Javi Fuentes con un remate de chilena estivo a punto de sorprender e facer o segundo gol para coller ventaxa no marcador. Xa na segunda parte do encontro e nos primeiros minutos Pablo facía o 2-1 tras un rechace, parecía que o partido tocaba a séu fin pero ó San Tirso facíase co control do balón donde chegaba a área e ó partido quedaba aberto para os dous equipos a tranquilidade chegaba xa nos minutos de desconto co 3-1 donde Leilan aproveitaba unha contra despois de un pase de Eloy vitoria xusta e traballada que dá tranquilidade para ir ó próximo domingo ás Pontes nun partido que pode marcar a tempada para acadar o ansiado ascenso por parte dos dous equipos.