17 abril 2018

Máis que tres puntos



"3 puntos valiosos para seguir o tren de cabeza nos Primeiros minutos dominamos ben o partido e tivemos algunha ocasión máis para ir ao descanso cunha renda maior onde no min 14 Vía facía o primeiro gol do partido a pase de Diego Lois. Coa vantaxe no marcador parecía que o dominio ía ser igual pero o conxunto visitante estirábase algo máis en busca do empate sen claro perigo ata a falta de, dez minutos para acabar o primeiro tempo Rama evitaba que, (Yuyo) fixese o empate e así chegaba o final da primeira parte co partido aínda aberto para os dous equipos.. Xa na segunda metade o guión cambiaba onde o equipo local domino o partido e ao cabo levaría o partido por 4-0, Iván Amor sería o protagonista onde nunha xogada colectiva o balon quedaba na área e fusilaba ao porteiro visitante cun bo disparo pola ESCUADRA. Co segundo gol local o partido pouco cambiaba onde o equipo visitante non creaba perigo e os locais aproveitaban os minutos para ampliar a renda do marcador. Onde Manja nun remate en prancha
facía o 3-0 e Matías en propia meta pechaba o partido co cuarto gol para os locais. Vitoria merecida que dá confianza para encarar os próximos partidos de liga".

U.D. Paiosaco: Rama, Ventola, Pablo (Leilán m.72), Sergio, Popi, Aythami, Juanma (Manja m.67), Josiño, Iván Amor (Bambán m.67), Diego Lois, Vía (Bilal m.60).

CF Dumbría : Iván Bouzón, David Carreira (Pablo m.21), Mataso, Matías, Iago (Gusa m.78), Aarón, Marcote, Iván González (Brais m.76), Martín, Fabio, Yuyo (Thiago m.72).

Goles:  1-0 m.14: Vía; 2-0 m.52: Iván Amor; 3-0 m.76: Manja; 4-0 m.86: Matías en propia puerta.

Árbitro: José Antonio Varela Varela, (Colegio vigués) auxiliado por Amado Alonso Alonso y Omar Luis Berlier Cea.