22 abril 2018

3 puntos máis e líderes


-3 puntos e de novo líderes en solitario- partido difícil hoxe onde facía falta gañar para non descolgarse dos postos de cabeza e aproveitar ó pinchazo de onte do POLVORíN e desde o primeiro minuto ata o último claros dominadores do partido por ritmo, intensidade e oportunidades. Co Sofán replegado atrás e os primeiros minutos do partidos xa se vía como iría o partido no global. A primeira gran ocasión do partido min 23 xogada colectiva e Diego Lois mandaba o balón por encima do traveseiro o continuo era constante na área visitante onde non se materializaba ningunha contra a nosa habería máis oportunidades claras antes do descanso Min 32 Bili non chegaba a un remate onde se estába perdoando bastante para as ocasións claras de gol min 43 Bili sería outra vez protagonista onde nunha gran xogada persoal deixaba o balón a Josiño e non acertaba co remate. Cos Primeiros 45 minutos acabados as sensación de dominio e de ritmo non se vía reflectido no marcador. Na 2 parte o partido non baixaba nada a intensidade, Onde o equipo local non creaba gran perigo e os constantes ataques á área visitante deixaba a xogada do partido nos Primeiros minutos da segunda parte despois dunha xogada de contragolpe e Juanma internábase na área e pasou o balón a BAMBAM e forzosamente remataba e o porteiro paraba o balón onde para moitos o balón estába dentro da porteria e para outros non difícil poñerse de acordo nunha xogada que puido marcar o guión do partido. A intensidade non baixaba e pronto chegaría o primeiro gol do partido saque de esquina lanzado por Diego Lois e Popi facía o primeiro gol do partido nunha gran mele de xogadores. Xa coa vantaxe o marcador o equipo visitante estirábase máis e chegaba con máis frecuencia ao área verdibranca sen concretar ningunha xogada en gol. Chegaba o carrusel de cambios onde coa entrada de AYTHAMI, Manjarín e Vía o último tramo da segunda parte sería eléctrico onde o partido estaba roto e a intensidade chegaba ao mediocampo onde xa era constante paradas no xogo por faltas dos dous equipos e xa en tempo de desconto se amplíaba a vantaxe no marcador cun gran disparo de Manjarín desde fóra do area que se coaba pola escuadra facendo xustiza a un partido dominado de principio a fin e Manjarín volvería ser protagonista despois unha gran internada de vía na área cedía o balón a Manjarín e onde só a había que empuxar remataba en semifallo e o balón íase fóra.. Partido vibrante hoxe nas Eiroas onde a clave foi a concentración e intensidade dos verdibrancos para levar os 3 puntos hoxe.