28 noviembre 2017

Vitoria no desconto




Partido eléctrico o xogado en O Monte este pasado domingo , con 7 goles no partido. Na primeira parte sen ocasións claras por parte dos dous equipos pero no segundo tempo do partido volvíase tolo e empezaba ben cun penalti a favor e erraba Josiño e seguía o marcador a ceros pero nunha falta a favor e golpe mestre de Diego Lois e cara ao 0-1 pintaba ben e o segundo gol o noso no min 58 de Popi dábase o partido difícil de remontar pero chegaba os mellores minutos do partido onde o equipo local no minuto 68 e 72 chegaba o empate e o partido quedaba tolo e así foi que no minuto 75 Iván Amor facía o 2-3 e pouco duraba a alegría e o 3-3 minuto 88 parecía que o partido quedaba en táblas e cunha gran segunda parte por parte dos dous equipos. Pero a sorte e a entrega de non renderse no minuto 91 chegaba o 3-4 gol de Bamban e chegando ao final do partido cos 3 puntos e sufrindo de xeito abondo en O Monte .