01 octubre 2017

SDC Residencia 1 VS U.D.Paiosaco 1


Logo de empatar a semana pasada en casa , onte en Lugo segundo partido consecutivo empatado pero con diferente guión . partido dominado de principio a fin e con moitas ocasións para deixar o partido sentenciado xa na primeira parte , o único gol verdiblanco chegaría no min 31 logo dun pase de Juanma que aproveitaba Iván Amor para irse ao descanso co partido controlado e encarrilado e con vantaxe no marcador . Na segunda parte chegaría grandes oportunidades para os nosos logo dos primeiros dez minutos da segunda parte onde o equipo local estaba mellor plantando no campo , co paso dos minutos non chegaba o segundo gol para deixar o partido resolto , nos últimos minutos do partido o equipo local buscaba o empate e nunha falta colgada con todo os xogadores locais e logo de varios rexeites subía o gol do equipo local e quedaría en táboas o partido , toca pensar xa no proximo partido e pensar que o equipo segue sen coñecer aínda a derrota nesta liga .