17 septiembre 2017

Estudiantil 1 vs U.D. Paiosaco 2



Vitoria sufrida pero merecida.. A primeira parte moitas indecisions  por parte dos dous equipos . Só unha gran ocasión de Bilal podaría cambiar o resultado  . Na segunda parte  foi distinta , os dous equipos buscaban con máis frecuencia a área rival , e nunha falta ao bordo do área no rexeite  chegaba o primeiro gol do partido, parecía difícil darlle a volta ao partido quedaban 30 minutos e cos cambios e arriscando máis chegaría o gol do empate de 
penalti logo dunha gran xogada de 
Aythami que arrincaba desde atrás e no área de penalti o defensa rival tiraba ao xogador cunha patada onde o árbitro  pitaba a pena máxima. Diego Lois marcaba de penalti, non se tardo nin 2 minutos para poñerse por diante do marcador cun gran gol Popi que ao cabo daría a vitoria  e o liderato en solitario, a destacar a mala actuación arbitral onde non estivo á altura do partido con decisións erróneas para os 2 equipos.