25 mayo 2017

Un minuto con Juan Riveiro


Falamos con Juan Riveiro que nos conta en menos de un minuto como afronta o equipo a gran final de hoxe .

1) Prognostico para a final.....
As finais son sempre partidos de resultado incerto, posto que a un único partido pode pasar calquera cousa, pero aposto polo meu equipo e deséxome sorte que nunca vén mal.

2) Como ves ao equipo para afrontar a final
O final de Liga pésanos a todos e quizais non chegamos no noso mellor momento a nivel físico, ademas por experiencia se que os campos de herba natural cústannos mais.... pero teño claro que esa posible deficiencia vai ser suplida con fartura polas ganas e a motivación de xogar este partido. 
O equipo transmite sensacións de estar moi centrado e concienciado para traballar eses 90 minutos, así que espero que o venres confirme esas sensacións.

3) Chegaches a verche fóra da Copa nalgún momento.....
Non vou mentir que o día do AD Culleredo cando chegamos aos penaltis non as tenia todas comigo pois a pesar da confianza nos tiradores (Iriso, Ivan , Eloy ,Manja e Castro) e de Rama na portería...unha quenda de penaltis é unha lotería...pero pasamos e seguro que despois do venres ninguén se vai a acordar diso.

4) Nota da tempada
O obxectivo da tempada era dobre: consolidar ao equipo na Rexional Preferente e mellorar o 6º posto do ano pasado e conquistar a Copa da Coruña. 
Polo que respecta á liga quédame un sabor un tanto agridoce porque a pesar de conseguir o obxectivo, creo que alcanzar un dos postos da fase de ascenso estivo moi preto... e polo que respecta á Copa pois teriamos que falar o  sábado. De todos os xeitos, creo que a nota seria un 8 e un 9 se gañamos a Copa.

5)  Seguirás outro ano aos mandos do equipo
A directiva xa me propuxo a renovación fai xa unas cantas semanas e eles xa saben a miña forma de pensar. Creo que agora é momento de centrarnos na Copa, de acabar a liga en Mugardos e a partir de aí o que teña que ser será.

Foto ! JM Ferreiro