25 mayo 2017

ESPECIAL FINAL COPA DA CORUÑA



A UD Paiosaco-Hierros Añón e a UD Carral enfróntanse este venres, día 26, en busca do título de campión da Copa da Coruña. Será no estadio de Riazor ás 20:15 horas. As entradas para presenciar o encontro estarán á venda na taquilla do Pazo dos Deportes do estadio coruñés desde unha hora antes do inicio. O seu prezo é de 5 euros. 

 O Paiosaco ou o Carral sucederán ao Betanzos, gañador da pasada edición, no palmarés da Copa da Coruña. Para o Paiosaco é a sexta final dun torneo que venceron en 1973 e 1984, mentres que o Carral ten a súa segunda oportunidade de facerse coa Copa tras perder a única final que disputaron (1991). 

 web ofrece este venres  o especial final  Copa da Coruña  minuto minuto do que poida pasar en riazor , polas redes sociais e recorda que podes subir fotos desde teu perfil de instagram co hastag #UDPAIOSACO E VERANSE NA WEB TODOS OS GRANDES MOMENTOS  DE TODA A GRAN FAMILIA VERDIBLANCA .