22 febrero 2017

Obxectivo cumprido outro ano mais estaremos na Preferente

O pasado domingo coa vitoria en Arzúa, cumpríase o primeiro obxectivo da tempada que é a salvación da categoría ,  a destacar a gran actuación de Diego  Lois con dous goles desde o punto de penalti e a gran imaxe e actitude seria que mostrou o equipo en todo o partido atrincheirados nas primeiras posicións da táboa e con catorce finais todo é posible a partir de agora ,  primeira final este próximo domingo coa visita do Bertamirans , lembra ás cinco da tarde , Porta Santa  futbol e afección de entroido .