15 enero 2017

ENTREVISTAMOS A Hadrian Rama

Como pensas que será o partido de hoxe?

Rama: Un partido difícil. Un derbi sempre é un partido difirente.
Pero conocendo o rival, supoño que se plantarán ben atrás acumulando bastante xente na zona defensiva e regalaranos o balon. Nos partidos anteriores contra nos non lles foi mal con ese fútbol, aproveitaron os nosos erros de asumir co balón e serán as contras con tres balins que descolgan arriba. Dani Bea, Alexandre e Miguel Taibo. Sen dúbida 3 grandes xogadores a ter en conta.

Cantos derbis xogaches e cal é ou que mellor recordo tes?
Rama:  Co primeiro equipo, partidos oficiais 5. Todos os derbis da ultima década.
O mellor recordo, posiblemente poder disputar todolos partidos defendendo a camiseta, e ser capitán, do mellor club do concello da Laracha.

O equipo fixo unha primeira boa volta que nota lle pos?
Rama:  Poñerialle un 7,5.
Realmente perdemos puntos que podiamos conseguir.
Esta segunda volta hai que dar moito mais xa que os partidos seran moito mais complicados para conseguir os tres puntos.
  Se tes que escoller subir a 3 este ano ou chegar a final dá Copa dá Coruña e gáñala que escollerias?
Rama: E dificil decidir, porque penso conseguir as duas cousas antes de morrer deportivamente.
Dáme igual, cal sexa ou primeiro agasallo en vir.

Un resultado para o derbi?
Rama:  Non son moito de resultados, pero espero que gañemos. Por nos, e por toda afección do Peisaco.

Cantos anos levas non clube?Que lle dis a nosa afección para o derbi de hoxe?
 Rama: Levo 9 anos, dende xuvenil ata agora, parece que foi onte cando creeron en min e deronme a oportunidade de estar ai.
E a aficion digolle que non se preocupe absolutamente polo partido nin polo resultado, a nosa afección fai varios anos que gañaron o derbi. Non hai cor ningun. O mellor equipo do concello non se decide por un resultado.