11 enero 2017

Empezamos o ano da mellor maneira posible


Este pasado domingo acabou a primeira volta do campeonanto da mellor maneira posible que é gañando cun gran partido de Iván Amor que fixo o primeiro gol, sufriu o penalti do segundo, transformado por Josiño, e centrou o balón que a defensa do Mugardos anotou en propia meta-, (3-1).
Mais alá de resultados e estatísticas o equipo fixo unha gran primeira volta ,  toca pensar xa na estrea da segunda volta co GRAN DERBI local , partido para gozar e coa seguridade de que queda toda unha segunda volta enteira por xogar e poder superar a gran tempada pasada . Tamén a destacar que todos os socios do club que vaian asistir ao partido teñen que ensinar o carné na entrada do campo para poder levar unha orde e control cos afeccionados que virán o vindeiro domingo a ver ao seu equipo .