11 diciembre 2016

Give me five | UDPAIOSACO 5 VS RIBADEO FC 1


Despois de sacar un punto en chantada a semana pasada , hoxe necesitábase gañar para seguir aí nos primeiros postos da clasificación  .  O partido arrincaba bastante igualado nos primeiros minutos da primeira parte , houbo que esperar ata o minuto 37 para que chegase o primeiro gol Iván Amor tras cruzar o balón de tiro raso ,  pintaba ben cos últimos minutos antes de chegar ao descanso pero  chegaría o empate nun  remate de cabeza onde  o balón se envenena todo e  o equipo visitante poñía o empate ,  co final do primeiro tempo  e xa na segunda parte chegaría o festival de goles e oportunidades onde no minuto 48 gran xogada de Pablo  ( 2 -1 )  as oportunidades de gol chegarían onde o minuto 62 ( 3-1 ) córner lanzado por Diego Lois e  remata de cabeza  Javi Fontes que poñia o terceiro gol do partido , o dominio local era absoluto e no minuto 78  pase de Porty  e ( 4-1 ) gol de Josiño , Tabuyo pecharía  a conta facendo o ( 5-1 ) de gran tiro cruzado   . Cos tres puntos de hoxe seguimos aí o tren de cabeza da liga onde se achega o final da primeira volta . Próximo domingo 17  Sarriá  nun partido que desde o principio non  hai que pensar noutra cousa que gañar .